patrimonio inmaterial
 Rexistro :: Inicio de sesión Cultura Galega  Cultura Compostela  Vieiros  Cultura Crecha  Blogalego  Folque  Audiência Zero 
crechas
· inicio
· PROGRAMACióN
· artistas en Crechas
· exposicións

conectados
Temos 3 convidados e 0 usuarios en rede

É un usuario anónimo. Pode rexistrarse aquí.


subCultura
· compostela
· subCultura galega
· música en Galego
· música disTinta
· multiCultural
· fotografía
· arte na Rede

· todos os Temas

pesquisador


comunidade
· ligazóns
· descargas
· pesquisador

· os máis
· estatísticas
· estatísticas extra

· recoméndanos
· legal


* BUMBA Unha viaxe de Zigala a Zemambiquo
Enviado por 09 Mai 2006 - 06:52 PM
Envía esta historia a un amigo Enviar por correo electrónico a un amigo  Versión imprimibel Imprime esta Historia



subCultura galega Nordesía Produccións quere convidarvos ao acto de presentación dun novo proxecto musical no que Galiza e Mozambique se dan a man. “Bumba” xorde do encontro entre Narf (Fran Pérez) e o grupo mozambicano Timbila Muzimba, e o mércores 10 en Santiago amosará nun concerto único a súa abraiante mestura de sons e sabores.
Será un pracer que esteades con nós este martes día 9 na Galería Sargadelos, ás 19:00 horas, para ser os primeiros en coñecer e escoitar “Bumba”.

Ampliar información



BUMBA
Unha viaxe de Zigala a Zemambiquo


O proxecto “Bumba” é un encontro entre as músicas ventureiras de Narf e Timbila Muzimba, no que uns pretenden enxertar nas pólas dos outros unha xema de froito diferente.

Timbila Muzimba son músicos fillos de músicos que mamaron o toque do batuque e a harmonía das orquestras de timbilas (xilófonos con láminas de madeira típicos do pobo Xopi) do sur de Mozambique. Levan a sabiduría tradicional á capital, Maputo, e no trasplante urbano a sú música transmuta nun choque eléctrico.

Pola súa banda, Narf é Fran (Pérez) ao revés, isto é, as raíces no aire e a voz na terra. Formado na música urbana e cultivado en diversas habilidades compositivas, torna no proxecto Narf cara a intimidades acústica centrada no texto e na voz. Unha das voces máis sólidas e peculiares das que falan galego e unha música que se aventura fóra dos regos do moderno e o tradicional na percura de novas especies.

“Bumba” conserva a sorpresa do primeiro encontro. Procura buscar o primordial de ambas aventuras e madurar os frutos deste gallo emocionante e distinto que hoxe nace.

 
 Usuari@
 Contrasinal
 Lembrar


¿...aínda non ten unha conta aquí?
Se quere, pode crearse unha.

· ...máis subCultura galega
· novas de webmaster


Historia máis lída en subCultura galega:
BUMBA Unha viaxe de Zigala a Zemambiquo

BUMBA Unha viaxe de Zigala a Zemambiquo | Entrar :: Crear unha conta | 0 Comentarios
Límite
Os comentarios son propiedade dos seus respectivos autores. Non somos responsabeis do seu contido.

casadascrechas.com.com é un sitio desenvolto por bandua.net